Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER)

Unha maneira de facer Europa

Liña de actuación 09

REHABILITACIÓN DA ÁREA URBANA DE INTERESE CULTURAL E PATRIMONIAL DE DONRAMIRO

NECESIDADES

Esta liña de actuación pretende abordar varios dos problemas presentes no núcleo edificado de Donramiro, como o subdesenvolvemento urbano e, a pesar de estar a menos de 1 km do centro do núcleo de Lalín, a descontinuidade urbana e funcional que presenta nas súas comunicacións; así como buscar a revitalización deste conxunto construído mediante a creación de novas dinámicas sociais.

Deste xeito, traballarase na recuperación e na humanización do conxunto de construcións tradicionais formadas arredor da igrexa románica de Santa María de Donramiro e cuxos referentes se pretende protexer mediante a súa conservación ou mellora, evitando a desaparición ou transformación do patrimonio etnográfico, arquitectónico, cultural ou histórico que o integra.

A presenza de infravivendas nesta contorna require dunha actuación de rehabilitación acorde co valor histórico e artístico da zona; a recuperación e a sinalización dos camiños que levan ao Castro de Donramiro para a posta en valor deste destacado patrimonio cultural e histórico; así como a musealización dos atractivos patrimoniais e turísticos de Donramiro coa recuperación e coa rehabilitación de varias das súas edificacións tradicionais.

Estos atractivos patrimoniais están perfectamente identificados, sendo:

OBXECTIVOS

Coa recuperación e coa dinamización da contorna da Igrexa románica de Donramiro e dos seus principais accesos, e a recuperación e sinalización dos accesos ao Castro de Donramiro, porase en valor un conxunto de grande interese turístico e histórico humanizando unha contorna de infradesenvolvemento urbano e de insustentabilidade futura.

Así mesmo, ademais de manter en condicións saudables e sostibles un conxunto tradicional edificado de alto valor identitario, dotarase ao núcleo de Donramiro de elementos atractivos para asentar unha poboación de potenciais habitantes, rehabilitando varias das súas edificacións como equipamentos socioculturais de divulgación e de coñecemento dos atractivos patrimoniais e turísticos desta singular contorna; mellorando así a identidade patrimonial do núcleo de Donramiro e do casco urbano de Lalín e promovendo un maior coñecemento desta contorna por parte dos propios veciños e veciñas e dos seus visitantes.

Datos

inversión total
50.735,60 €
0%
FEDER
40.588,48 €
0%
concello
10.147,12 €
0%

NOVAS

O CONCELLO DE LALÍN CONVOCARÁ UN CONCURSO DE PROXECTOS PARA A REHABILITACIÓN DA ÁREA DE INTERESE PATRIMONIAL E CULTURAL DE DONRAMIRO

O Goberno municipal está a ultimar a redacción da bases para convocar un concurso de proxectos para a rehabilitación e posta en valor da área de interese patrimonial, cultural de Donramiro.

REUNIÓN PARTICIPATIVA SOBRE O PROXECTO DE REHABILITACIÓN DA ZONA DE INTERESE HISTÓRICO E PATRIMONIAL DE DONRAMIRO

Este serán celebrouse no centro social de Donramiro unha reunión informativa e participativa sobre o proxecto de rehabilitación da área urbana de...